Da medida das cousas

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada Terra é coma se fora o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto; poderala volver a andar outra vez e máis. Non a has dar andado. E cada vez que a andes has atopar cousas novas e outras has botalas de menos. Pode ela ser pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves. [...]

Do grandor do teu espíritu depende todo; canto máis pequeno sexa máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa Terra, para ti, non terá cabo; nela estará o mundo con tódolos seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; pequeno es ti, que endexamais poderás concebir nada grande.

Vicente Risco (Da medida das cousas)


*traducido, pierde toda su magia. Pero, ¿comprendéis?